Colorado Rapids
Colorado Rapids | |||
---|---|---|---|
Nome | Colorado Rapids | ||
Alcume(s) | Rapids | ||
Fundación | 1995 | ||
Estadio | Dick's Sporting Goods Park Commerce City, Colorado Estados Unidos | ||
Inauguración | 2007 [1] | ||
Capacidade | 18,000 | ||
Propietario | Stan Kroenke | ||
Adestrador | Pablo Mastroeni | ||
Liga | Major League Soccer | ||
2015 | Oeste: 10º Global: 19º Playoffs: Non clasificado | ||
Na rede | |||
http://www.coloradorapids.com/ | |||
| |||
O Colorado Rapids é un club de fútbol profesional que xoga na Major League Soccer. É o equipo da cidade de Denver, no estado de Colorado, polo que xoga na Conferencia Oeste. Foi un dos dez equipos que xogaron a tempada inaugural da MLS en 1996. O seu único título oficial foi no ano 2010, cando gañou a MLS Cup
As cores iniciais do equipo eran o verde e o branco, no ano 2003 cambiáronse as cores ó azul e branco. No ano 2007 os Rapids volveron a cambiar de cores, esta vez ó azul e granate.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]A franquía comezou a súa andaina pola MLS o 13 de abril de 1996 contra o Kansas City Wizards caendo por tres goles a cero. Tras perder nove dos seus últimos encontros, os Rapids acabaron quintos na Conferencia Oeste.[3] No ano 1997 tras un gran número de fichaxes o equipo rematou cuarto na fase regular. Tras eliminar o Kansas City Wizards e ó FC Dallas, a franquía chegou á súa primeira final da MLS Cup. Foi fronte o campión do ano anterior, o D.C. United, pero o equipo de Denver non conseguiu vencelos e o D.C. United gañaba a súa segunda MLS Cup consecutiva. Tras tres anos caendo na primeira rolda das eliminatorias, no ano 2001 o equipo non conseguiu clasificarse para os playoffs con só cinco vitorias na tempada regular.[4]
Anos de cambios
[editar | editar a fonte]No ano 2003, o club cambiou as súas cores de identidade, do verde coma cor principal os de Colorado pasáronse a vestir con raias verdes e azuis.[5] A pesar das novas cores o equipo foi eliminado nas semifinais de conferencia. Resultado que repetiron na seguinte tempada. No ano 2005 chegaron á final da conferencia Oeste, pero caeron derrotados polo Los Angeles Galaxy por dous goles a cero.[6] A seguinte tempada volveron a caer na mesma rolda pero desta vez foi fronte ó Houston Dynamo por tres goles a un.[4]
O ano 2007 foi un ano de cambios, o Colorado Rapids mudouse ó Dick's Sporting Goods Park na área metropolitana de Denver. A equipación e o escudo tamén sufriron cambios, ámbolos dous de cor granate con toques azuis. Con todos estes cambios o equipo non conseguiu clasificarse ás eliminatorias por sexta vez na súa historia.[7] E os Rapids non conseguiron de novo unha praza nos playoffs ata o ano 2010 no que sorprendentemente avanzaron ata a final deixando polo camiño ó Columbus Crew e ó San Jose Earthquakes. A final da MLS Cup foi contra o FC Dallas, o equipo de Denver tivo que sobrepoñerse ó gol inicial dos de Texas cun gol de Conor Casey que levou o partido á prórroga, na que no minuto 107 o defensa George John marcou un autogol que deulle a vitoria ós Rapids en Toronto.[8]
Malas tempadas tras o título
[editar | editar a fonte]Tras gañar o seu primeiro título na súa historia, a tempada do ano 2011 prometía ser emocionante, pero non logaron pasar das semifinais de conferencia fronte ó Sporting Kansas City. O ano seguinte quedaron fora da fase das eliminatorias. No ano 2013 os Rapids lograron unha praza para a "ronda do k.o." que lles daría a posibilidade de xogar as eliminatorias, pero perderon por dous goles a cero contra ó Seattle Sounders.[9] O 2014 foi un dos peores anos na historia do equipo quedando penúltimos na conferencia Oeste. A seguinte tempada non foi mellor, os de Denver remataron na última posición da conferencia e só mellor que o Chicago Fire na táboa xeral.[10]
Xogadores[11][12]
[editar | editar a fonte]
|
|
Títulos
[editar | editar a fonte]- MLS Cup: 2010
Récords
[editar | editar a fonte]Individuais
[editar | editar a fonte]Os principais récords individuais son os seguintes:[13]
- Máis partidos xogados: Pablo Mastroeni, 225
- Máis minutos xogados: Pablo Mastroeni, 18.669
- Máis goles: Conor Casey, 50
- Máis asistencias: Chris Henderson, 53
- Máis paradas: Joe Cannon, 349
- Menor porcentaxe de goles por partido (mínimo 4500 min): Bouna Coundoul, 1.16
Asistencia [14]
[editar | editar a fonte]As cifras de asistencia por temporada foron as seguintes:[15]
Tempada | Total | Media | Récord |
---|---|---|---|
1996 | 163.413 | 10.213 | 21.711 |
1997 | 189.355 | 11.835 | 36.252 |
1998 | 236.995 | 14.812 | 46.722 |
1999 | 224.459 | 14.029 | 51.025 |
2000 | 201.281 | 12.580 | 53.126 |
2001 | 214.249 | 16.481 | 60.500 |
2002 | 289.622 | 20.687 | 61.202 |
2003 | 251.578 | 16.772 | 60.142 |
2004 | 212.925 | 14.195 | 41.979 |
2005 | 218.206 | 13.638 | 41.987 |
2006 | 192.894 | 12.056 | 39.205 |
2007 | 221.229 | 14.749 | 18.458 |
2008 | 204.884 | 13.659 | 18.776 |
2009 | 184.963 | 12.331 | 19.680 |
2010 | 199.929 | 13.329 | 18.363 |
2011 | 252.248 | 14.838 | 18.277 |
2012 | 257.972 | 15.175 | 19.152 |
2013 | 263.479 | 15.499 | 18.359 |
2014 | 256.206 | 15.071 | 18.432 |
2015 | 266.168 | 15.657 | 18.597 |
2016 | 276.721 | 16.278 | 18.759 |
2017 | 260.476 | 15.322 | 17.648 |
2018 | 260.660 | 15.333 | 17.837 |
Galería de honor
[editar | editar a fonte]A galería de honor do club[16] foi establecida en 2003 para homenaxear os xogadores máis destacados que estiveron nas filas do Rapids.
- Marcelo Balboa
- Paul Bravo
- Chris Henderson
- John Spencer
- Pablo Mastroeni
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
- ↑ "Stadium". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03-04-2020. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "1996 Season in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ 4,0 4,1 "2001 Season in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "2003 Season in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "2005 Seasons in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "2007 Season in Review". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ Thomas, Nick (14-12-2010). "2010 in Review: Rapids offseason checklist". coloradorapids.com (en inglés). Consultado o 28-11-2019.
- ↑ Bianchi, Chris (16-12-2013). "2013 in Review: Young Colorado Rapids surprise with run to playoffs, but still work to be done". coloradorapids.com (en inglés). Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "Pablo Mastroeni Interview October 25, 2015". coloradorapids.com (en inglés). 26-10-2015. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "Lista". coloradorapids.com. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "Colorado Rapids". mismarcadores.com (en castelán). Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "ALL-TIME INDIVIDUAL LEADERS". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2016. Consultado o 14 de febreiro de 2016.
- ↑ "HOME ATTENDANCE". coloradorapids.com (en inglés). 11-3-2019. Arquivado dende o orixinal o 28-11-2019.
- ↑ "Gallery of Honor". coloradorapids.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15-11-2019. Consultado o 28-11-2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colorado Rapids |